Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU00005 - Curso de verán sobre a nova Lei de estranxeiría

O nomadismo e a transhumancia están na raíz da natureza humana, por ser esas mobilidades un instrumento para a satisfacción das súas necesidades. As migracións individuais, por grupos e incluso de pobos enteiros, foron fenómeno habitual na historia e sono hoxe nun mundo máis complexo, onde os desequilibrios económicos e sociais fan que se poida falar dun terceiro mundo que olla o primeiro (a sociedade opulenta) como a terra prometida e agarda encontrar nel remedio ás súas carencias e, incluso, á súa fame. Eses inmigrantes que nos chegan, fomos nós noutros días. Ese inmigrante que chega á nosa casa, puidémolo ser nós. Ante unha realidade ineludible, que pode ser dramática e ata tráxica, a nosa técnica debe consistir en arrefriarmos este tema quente e distanciármonos intelectualmente para estudialo. Trátase, pois, a través deste curso de analizarmos este fenómeno entre todos e desde tódalas súas perspectivas, especialmente na súa dimensión humana coas súas consecuencias sociolóxicas e o seu réxime xurídico. Hai que facer un esforzo para a construcción do outro, do estraño ou estranxeiro co propósito de convertelo en próximo, en próximo. A recente Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, vai servir de trama e urdimento para este propósito. Como orzamento ou premisa, para unha primeira delimitación, hai que distingui-lo refuxiado ou asilado e o inmigrante, así como o estranxeiro e o cidadán da Unión Europea. A partir desta presentación, serán obxecto de análise a entrada no territorio nacional e o réxime de visados, os permisos de traballo e de residencia, o dereito do traballador ás prestacións sociais do inmigrante e dos seus familiares, sen esquece-lo ámbito penal e cunha exposición completa, pero á vez práctica dos procedementos administrativos e da tutela xudicial.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios
Calificacion: Asistencia
Plan: F. Contínua
Administracion: AU|LO|UN|ES|CI|XU
Horas: 9
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: N/D
Data Fin matricula: N/D
Responsable: N/D
1 Edicións
SADA
Localidade
Sada
Inicio
27/07/2000
Fin
28/07/2000
Data exame
N/D
Prazas
300
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212