O persoal que participa directa e/ou indirectamente no desenvolvemento de tarefas de defensa e/ou extinción de incendios, aparte da necesaria información e formación en materia de prevención de riscos laborais que deben recibir en cumprimento daquelas obrigas legais as que están sometidas as empresas e/ou entidades nas que prestan os seus servizos, requiren dunha formación complementaria e especializada neste ámbito de intervención debido aos especiais riscos aos que está sometida a referida actividade.
Neste contexto, tendo en conta o artigo 20 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais en colación co Real Decreto 393/2007, de 23 de marzo, pola que se aproba a Norma Básica de Auto protección dos centros, establecementos e dependencias dedicadas a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia, establece como unha das ferramentas na loita contra incendios a preceptiva elaboración de plans de auto protección de incendios forestais (PAIF) para determinadas instalacións ou actividades situadas en zonas de perigo catalogadas pola propia norma e que abranguen a núcleos de poboación illados así como urbanizacións, cámpings, empresas ou instalacións sitas en terreos forestais e/ou zonas de influencia forestal, entre outros.
ACORUÑA1 |