O conxunto de subvencións que compón a acción de fomento da Administración autonómica representa unha porcentaxe destacada do gasto público total da Xunta de Galicia, e tamén un marco de actuación xeral suxeito a unhas regras e procedementos determinados, contemplados na Lei de subvencións de Galicia e no Regulamento que a desenvolve.
A través desta actividade formativa preténdese aportar unha serie de aspectos de cara ao proceso de tramitación da elaboración dunha convocatoria pública, así como o desenvolvemento de todos os momentos posteriores.
É especialmente importante coñecer, tanto os requisitos e dereitos dos beneficiarios dunha subvención como, incluso en maior medida, as obrigas e responsabilidades, tanto do propio beneficiario como do órgano que concede a subvención, nas distintas administracións que actúan no ámbito territorial da nosa comunidade autónoma.
MIXTO |