O curso pretende focalizar a atención no papel primordial que outorga a LCSP na loita contra a corrupción e o obxectivo da integridade nos procedementos de contratación pública, como o pon de manifesto o propio lexislador ao incluír, por primeira vez e de maneira expresa, o principio de integridade no articulado e entender como un dos seus obxectivos principais o de lograr unha maior transparencia e integridade nas actuacións. A actual normativa esixe unha transformación da contorna de compra pública que pasa necesariamente por adoptar un rol activo na materia, por parte das entidades adxudicadoras e das persoas participantes no proceso de contratación; e aprender como xestionar os riscos das distintas fases dun procedemento de licitación ata a finalización mesma do contrato.
T01 |