Este curso ten por obxecto o estudo do gasto público no contexto normativo vixente, axustado á realidade económico-social actual, no marco constitucional e das directrices europeas.
Analizarase o documento principal do gasto público: o orzamento, como documento técnico e como documento político, e tamén como forma de control.
A normativa vixente esixe que o gasto público atenda a unha serie de principios básicos, entre eles, que sexa sustentable, establecendo unha serie de parámetros ós que debe atender para tal obxectivo. Neste curso analizarase así, dende un punto de vista económico-financeiro, a esixencia de sustentabilidade, xunto coa estabilidade e o cumprimento da regra do gasto.
Finalmente analizaranse os diferentes tipos de control do gasto público, precisamente co obxecto do cumprimento dos obxectivos legais establecidos en canto á sustentabilidade.
T01 |