O desenvolvemento dun país depende da calidade no deseño das súas políticas públicas e da avaliación do seu impacto sobre o benestar social e económico da súa poboación. Numerosos estudos demostran que aqueles países que lograron implementar políticas adecuadas, estables e previsibles lograron maiores taxas de crecemento, maior acumulación de riqueza e mellores niveis de distribución do ingreso.
Son as distintas Administracións Públicas nos seus respectivos ámbitos competenciais as encargadas de materializar o gasto público en políticas públicas. Estas deben de ser formuladas en aplicación dos principios dunha xestión eficiente, por iso é necesario que os empregados públicos implicados na súa elaboración conten co coñecemento técnico necesario.
O obxectivo fundamental do curso é capacitar os profesionais de distintas áreas no estudo das políticas públicas, os axentes e institucións involucrados no seu deseño e as ferramentas cuantitativas necesarias para a súa avaliación.
T01 |