Este curso pretende dar a coñecer o concepto de accesibilidade universal. Transmitir as súas consecuencias prácticas transversais a todos os temas e actividades. Entender a accesibilidade como mellora do confort e seguridade para todas as persoas.
Unha das súas consecuencias será a excelencia no trato a persoas con discapacidade. Traballar a mellora do trato directo cas persoas ten que incluír a toda a poboación cas características propias de cada individuo.
Outro punto importante é que os documentos que se manexan nas administracións públicas, tanto os dirixidos ao público como os internos, teñen que ter uns mínimos de accesibilidade. Enténdese que os traballadores tamén poden estar en situación de discapacidade temporal ou definitiva.
Mostrarase como a accesibilidade en espazos interiores, non so dependen das persoas que os deseñan. Todos podemos mellorar a accesibilidade dos espazos nos que traballamos, con pequenas cousas das que non soemos ser conscientes.
Por último, todas as persoas somos, en parte, responsables do mantemento e bo uso do espazo urbano.
Se entendemos a ergonomía, o funcionamento e o porqué de como teñen que ser as cousas, potenciaremos as capacidades das persoas sexa cal sexa o seu potencial inicial.
T01 |