Os contidos do nivel 5 Intermediate de MyEnglish corresponden á primeira parte do nivel B1 do MCERL. Entre outras funcións comunicativas, o alumno / a alumna aprende a falar sobre a preparación da comida, a pedir comida nun restaurante, a falar sobre viaxes e vacacións, e a organizar plans con amigos. Adicionalmente, estuda expresións para describir persoas, pertenzas, e acontecementos.
O alumno / a alumna aprende, entre moitas outras cousas, a expresarse en present perfect (‘We’ve worked’), en voz pasiva, tanto en pasado como en presente (‘Oranges are grown in Valencia’), os pronombres indefinidos (somebody, anyone, everywhere, etc.) e as oracións de relativo especificativas (‘That’s the girl my brother’s going out with’). Tamén estuda vocabulario relacionado con alimentos, automóbil, internet, tecidos, diferenzas entre inglés británico e americano, e moitos máis contidos.
NIVEL5 |