Os contidos do nivel 8 Upper-Intermediate Plus de MyEnglish corresponden á segunda parte do nivel B1+ do MCERL. Entre outras funcións comunicativas, o alumno / a alumna aprende a confirmar información, a describir a súa casa, a falar sobre servizos, a falar dos medios de comunicación, e a describir acontecementos recentes.
O alumno / a alumna aprende, entre moitas outras cousas, e a través de distintas situacións e personaxes, a expresarse en voz pasiva (‘The criminal was arrested’) e en past perfect (‘I’d finished eating when hei got here’), a utilizar o estilo indirecto (‘She told me she’d passed’), a expresar permiso, obrigación e prohibición con modal verbs (‘You may use my phone’). Tamén estuda vocabulario relacionado con alimentos, estilo de vida, phrasal verbs, o currículo laboral, e moitos máis contidos.
NIVEL8 |