• Conseguir expresarse con facilidade e eficacia sobre os temas tratados no curso, tanto xeral como
específico, sendo capaz tamén de desenvolverse en temas que non sexan parte do plan curricular.
• Expresar opinións sobre temas de interese propio e relacionados coa cultura xeral, sendo capaz de emitir tamén opinións, suxestións e facer razoamentos sobre temáticas que non se correspondan aos seus temas de interese.
• Ser capaz de comprender textos e audios complexos que traten de temas relacionados co cotiá e, tamén, con áreas máis abstractas, que impliquen comprender a precisión do contexto e captar o sentido implícito do que escoitan ou len.
• Expresarse de forma espontánea situacións reais e conversas da vida cotiá, así como en situacións máis formais, comprendendo e usando modismos, frases feitas e expresións coloquiais, aínda que poidan necesitar confirmar detalles.
• Ser capaz de redactar textos cun discurso claro e preciso, redactar informes claros, detallados e ben estruturados sobre temas complexos con certa extensión, destacando as ideas principais e defendendo puntos de vista.
T01 |