O curso ten por obxectivo dotar ás persoas destinatarias dos coñecementos necesarios para a implementación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas nas administracións públicas galegas. Na actualidade xa están activos en Galicia diversos procesos para aliñar as políticas e orzamentos públicos cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) que integran a vixente axenda global de desenvolvemento sustentable.
As sesións fomentarán o coñecemento dos principais elementos que integran a Axenda 2030, as innovacións en política pública que demanda a Axenda 2030 e os ODS, a situación da súa implementación en España e Galicia, o sistema de indicadores para a medición dos ODS en Galicia, e os procesos de implementación dos ODS nas administracións públicas galegas
MIXTO |