Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
FC24044 - Tramitación de expedientes de contratación na Administración autonómica

A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP) é unha norma que artella de forma moi extensa os distintos mecanismos, regras e procedementos aos que deben someterse os entes do sector público co fin de garantir que a contratación pública estea presidida polos principios fundamentais de concorrencia, publicidade, transparencia e igualdade entre licitadores.

A tramitación de expedientes de contratación en Galicia esixe, por tanto, partir do coñecemento xeral das distintas regras e conceptos regulados na LCSP, pero tamén o manexo doutros aspectos, como son as ferramentas electrónicas que a Xunta pon ao dispor tanto de xestores administrativos como de licitadores para participar no procedemento de contratación, ou ben, a implicación de cada trámite previsto na LCSP no parello expediente de gasto contractual.

Así, este curso busca ofrecer ao alumnado unha visión ampla e básica das regras e conceptos que a LCSP inclúe en cada unha das etapas nas que se estrutura o procedemento de adxudicación (preparación, adxudicación e execución) con reflexo das súas incidencias na Administración electrónica e na contabilidade. Deste xeito, o obxectivo último é o de xerar unha idea o máis global e integrada posible, con carácter eminentemente teórico pero proxección práctica, da tramitación de expedientes de contratación ao abeiro dos recursos e da normativa aplicable en Galicia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Autonómico
Area: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: AUTONÓMICA
Horas: 30
Estado: Producción
Mod.imparticion: Teleformación
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 02/03/2024 - 09:00h
Data Fin matricula: 11/03/2024 - 14:00h
Responsable: PEREZ MONTERO, TERESA - teresa.perez.monteroarrobaxunta.gal
1 Edicións
T01
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
13/05/2024
Fin
13/06/2024
Data exame
18/06/2024 - 16:30h
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212