No ámbito da comunicación deberíamos respectar e fomentar a igualdade e o respecto ás mulleres nos diferentes eidos sociais (traballo, educación, familia, parella, prensa, publicidade, redes sociais, ...) para que esta sexa realmente efectiva.
Este curso pretende que o alumnado reflexione sobre o papel que desempeñan os medios de
comunicación na sociedade que vivimos e como a imaxe das nenas e mulleres é utilizada de xeito pouco respectuoso. Para iso, traballaremos de xeito teórico e práctico sobre os medios de comunicación desde un enfoque de xénero.
A través destes contidos afondaremos na necesidade de educar e de adquirir as estratexias
necesarias para conseguir unha sociedade máis xusta.
T01 |