Comprender que a rede é unha fonte de recursos para os procesos cotiáns e profesionais. Manexarse utilizando diferentes navegadores e buscadores. Seleccionar e gardar a información útil e acorde aos nosos obxectivos profesionais da superflua ou promocionada.
Gardar e acceder á información de forma fácil e rápida a través dun sistema de arquivos e cartafoles en local e na nube.
Este curso forma parte do itinerario formativo “ComDix Iniciación”, composto por un total de 6 cursos (máis un curso inicial en autoformación). Unha vez completado con éxito o itinerario formativo completo, a persoa poderá acreditar que ten as competencias necesarias para que, de oficio, lle sexa emitido o Certificado galego en competencias dixitais ComDix no seu nivel iniciación.
T01 |