Actualmente a contratación pública eríxese como un mecanismo idóneo para incidir no desenvolvemento de políticas públicas con especial énfase nas políticas sociais, medioambientais e de innovación o que, sumado ás esixencias derivadas doutras normativas de aplicación tanxencial como é a de competencia ou a de protección de datos de carácter persoal, fan da redacción dos pregos reguladores da contratación pública una labor especialmente complexa.
Este curso ten como obxectivos principais, dun lado, analizar a implicación dos principios reitores da contratación pública proclamados no artigo 1 da LCSP na elaboración de pregos reguladores da contratación e, doutro lado, achegar unha visión básica e refundida dos aspectos mais importantes que se deben ter en conta á hora de redactar cada un dos seus elementos estruturais.
T01 |