O curso persegue proporcionar ao alumnado os coñecementos básicos e necesarios sobre os principios e o modelo de xestión dos fondos europeos que integran o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, especialmente o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
A maiores, como consecuencia da importancia que teñen hoxe en día a configuración de políticas antifraude, constituíndo a prevención da fraude, a corrupción e os conflitos de interese un principio fundamental a respectar na xestión dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, o curso detalla cales son os puntos e aspectos principais a ter en conta.
Así, a protección deste principio instrumentase a través dos plans de medidas antifraude que deben elaborar e aprobar as distintas entidades que participen na xestión destes fondos. Ademais, na súa condición de principios de xestión, os plans deberán incluír medidas para evitar o dobre financiamento e para garantir o cumprimento da normativa vixente en axudas de Estado.
T01 |