Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV24074 - Prevención de riscos laborais específicos no ámbito da prevención e extinción de incendios forestais

O persoal que participa directa e/ou indirectamente no desenvolvemento de tarefas de defensa e/ou extinción de incendios, aparte da necesaria información e formación en materia de prevención de riscos laborais que deben recibir en cumprimento daquelas obrigas legais as que están sometidas as empresas e/ou entidades nas que prestan os seus servizos, requiren dunha formación complementaria e especializada neste ámbito de intervención debido aos especiais riscos aos que está sometida a referida actividade.
Neste contexto, tendo en conta o artigo 20 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais en colación co Real Decreto 1031/2011, de 15 de xullo, polo que se complementa o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, mediante o establecemento de tres cualificacións profesionais da familia profesional Seguridade e Medio Ambiente, este curso está relacionado coas cualificacións asociadas e unidades de competencia que se describen e especialmente ligado co módulo formativo MF1970_2 sobre a xestión a nivel básico da prevención de riscos laborais no ámbito da prevención e extinción de incendios forestais.
A seguridade do persoal é a premisa fundamental que debe guiar todas as accións de defensa e extinción de incendios forestais. Existen certas normas, protocolos e recomendacións cuxa aplicación durante os traballos de extinción son especialmente útiles para manter en todo momento as condicións de seguridade do persoal que participa nas operacións.
No ámbito da seguridade e medio ambiente, é necesario coñecer os diferentes riscos ligados as condicións de seguridade, ambiente e organización do traballo así como dos propios riscos específicos que pode ocasionar no propio organismo das persoas traballadoras.
Para elo tamén prevese que o persoal que asista a estes cursos adquiran unha formación dos sistemas elementais de control dos riscos laborais colectivos e individuais; que coñezan os principais plans de emerxencia e evacuación así como os equipos de protección individuais co fin de verificar as accións de prevención de riscos laborais propostas.
Así, co presente curso preténdese achegar os coñecementos necesarios para a Xestión a Nivel Básico da Prevención de Riscos Laborais no Ámbito da Prevención e Extinción de Incendios Forestais.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Convenios
Area: Coñecementos transversais
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: AU|CI
Horas: 16
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 12/07/2024 - 09:00h
Data Fin matricula: 29/07/2024 - 14:00h
Responsable: Méndez Castro, José Francisco - galiciaarrobacsif.es
13 Edicións
ACORUÑA1
Localidade
A Coruña
Inicio
02/10/2024
Fin
04/10/2024
Data exame
04/10/2024 - 14:00h
Prazas
30
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212