Esta acción formativa ten por obxectivo proporcionar coñecementos ás/aos profesionais das entidades locais, con funcións relacionadas co deseño, presentación e xustificación do Proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais (PASSCM), facilitándolle un maior coñecemento do marco normativo e práctico do financiamento autonómico das prestacións básicas dos servizos sociais.
Neste sentido, considérase de vital importancia o coñecemento e a aplicación práctica, por parte do persoal técnico dos servizos sociais comunitarios municipais, da normativa básica de servizos sociais, así como da plataforma informática para a presentación e avaliación dos proxectos dos servizos sociais comunitarios municipais, xa que é unha fonte permanente de consulta e análise ao longo da súa actuación profesional como xestores de servizos sociais.
Neste contexto, detectouse a necesidade de mellorar os coñecementos relacionados coa presentación e xustificación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios.
Partindo desta realidade, os obxectivos xerais que se pretenden conseguir coa realización do curso son:
-Promover a adquisición de coñecementos sobre a xestión do Plan Concertado, tanto na súa base conceptual/normativa, como práctica, entre os/as profesionais dos servizos sociais comunitarios municipais.
-Mellorar o uso das ferramentas informáticas no proceso de xestión do plan Concertado: a presentación e a avaliación de proxectos.
SANTIAGO |