Prover aos técnicos que están a traballar cos plans de xestión de moluscos bivalvos do coñecementos e información ao respecto do desenvolvemento de programas de control e seguimento do estado de saúde das poboacións de moluscos. Revisaranse, dun xeito aplicado e cun enfoque multidisciplinar, aspectos relacionados coa anatomía e patoloxía dos moluscos, así como cos factores ambientais (oceanografía física) que poden condicionar o benestar das poboacións. Trataranse diferentes estudos de caso referidos a episodios de mortaldade anormal asociados a patoloxías que afectaron ás especies de moluscos máis relevantes no marisqueo en Galicia.
INTECMAR |