O obxectivo do curso é dotar as persoas participantes dos coñecementos e das habilidades necesarias para conceptualizar un proceso de planificación estratéxica nunha organización pública.
Ao finalizar o curso, as persoas participantes levarán unha visión clara e práctica de como estruturar e xerarquizar un plan estratéxico, as competencias para realizar análises estratéxicas detalladas e a capacidade de concretar e implementar actuacións específicas para acadar os obxectivos definidos. Ademais, adquirirán coñecementos sobre os instrumentos de dirección necesarios para unha xestión efectiva e a identificación e mitigación de riscos.
SANTIAGO |