IMPORTANTE:
• O número de actividades de formación continua en materia de idiomas limítase a tres (3).
• Se tes dúbidas sobre o nivel existe unha proba de nivel orientativa nos idiomas: en lingua inglesa, lingua francesa, lingua alemá e lingua portuguesa no enderezo https://egap.xunta.gal/aulavirtual/
• Na modalidade de teleformación só se pode matricular nun nivel de cada idioma ofertado.
• Se se detecta máis dun nivel solicitado en cada idioma na modalidade de teleformación acéptaselle no nivel máis baixo e exclúeselle no/os outros niveis.
• Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
Os contidos do nivel 1 Elementary de MyEnglish corresponden á primeira parte do nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Entre outras funcións comunicativas, adquírense as habilidades de presentarse a alguén novo, dar unha opinión, expresar gustos e preferencias, e describir pertenzas persoais.
Apréndese, entre moitas outras cousas, e a través de distintas situacións e personaxes, a empregar o verbo to be, os determinantes (this, that, these, those), os artigos (a, an, the), e o imperativo (‘Listen!’). Tamén se estuda vocabulario relacionado cos números, países e nacionalidades, profesións, medios de transporte, roupa, familia, e moitos máis contidos.
NIVEL1 |