IMPORTANTE:
• O número de actividades de formación continua en materia de idiomas limítase a tres (3).
• Se tes dúbidas sobre o nivel existe unha proba de nivel orientativa nos idiomas: en lingua inglesa, lingua francesa, lingua alemá e lingua portuguesa no enderezo https://egap.xunta.gal/aulavirtual/
• Na modalidade de teleformación só se pode matricular nun nivel de cada idioma ofertado.
• Se se detecta máis dun nivel solicitado en cada idioma na modalidade de teleformación acéptaselle no nivel máis baixo e exclúeselle no/os outros niveis.
• Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
Os contidos do nivel 10 Advanced Plus de MyEnglish corresponden á segunda parte do nivel B2 do MCERL. Entre outras funcións, adquírense as habilidades de falar de problemas e solucións, expresar arrepentimento, pedir algo prestado, e conversar sobre contos e a literatura.
Apréndese, entre moitas outras cousas, e a través de distintas situacións e personaxes, a expresarse en todas as formas condicionais (‘If they’d left home later, they’d have missed the bus’), en future perfect (‘The train won’t have left yet’), verbos de suposición e de percepción (look, sound, feel, taste, etc.) e o estilo directo. Tamén se estuda vocabulario relacionado con formas de goberno, negocios, hospitais, delitos, expresións con off, phrasal verbs, expresións con get e moitos máis contidos.
NIVEL10 |