Neste curso aprenderemos a comunicar mellor para dirixir e liderar a administración con maior solvencia. Ou se se prefire investir os termos: aprenderemos a dirixir a administración pública liderando, servíndonos da comunicación como ferramenta.
1.- Mellorar os nosos dotes comunicativos en todas as distancias da comunicación.
2.- Optimizar o alcance e a eficacia coa que as nosas mensaxes chegan ás demais persoas.
3.- Aprender a falar en público con menos medo e maior solvencia.
4.- Comprender como o liderado pode axudarnos a mellorar a dirección da administración.
5.- Aprender a conectar comunicación e liderado para obter cotas de administración moito máis eficaces, coherentes, transparentes e efectivas.
TELEPRESENZA |