Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV25072 - Prevención de riscos laborais específicos en ergonomía e psicosocioloxía no ámbito da prevención e extinción dos incendios forestais

O persoal que participa directa e/ou indirectamente no desenvolvemento de tarefas de defensa e/ou extinción de incendios, aparte da necesaria información e formación en materia de prevención de riscos laborais que deben recibir en cumprimento daquelas obrigas legais as que están sometidas as empresas e/ou entidades nas que prestan os seus servizos, requiren dunha formación complementaria e especializada neste ámbito de intervención debido aos especiais riscos aos que está sometida a referida actividade.
A seguridade do persoal é a premisa fundamental que debe guiar todas as accións de defensa e extinción de incendios forestais. Existen certas normas, protocolos e recomendacións cuxa aplicación durante os traballos de extinción son especialmente útiles para manter en todo momento as condicións de seguridade do persoal que participa nas operacións de intervención.
A finalidade desta acción formativa é que o persoal que traballa na prevención e extinción dos incendios forestais adquira unha formación para poder identificar os riscos derivados da organización do traballo e aplicar técnicas para a súa avaliación, aplicar técnicas de medida do microclima de traballo para a prevención dos riscos ergonómicos, recoñecer os riscos derivados da carga de traballo e aplicar técnicas para a súa avaliación, intervir na valoración dos resultados obtidos do análise da organización e a carga de traballo e propoñer medidas destinadas a eliminar ou reducir os riscos derivados da organización e a carga de traballo na prevención e extinción dos incendios forestais.
No ámbito da ergonomía e psicosocioloxía, é necesario coñecer, avaliar e controlar os riscos ergonómicos e psicosociais relacionado co traballo na prevención e extinción dos incendios forestais. Neste senso, os principais obxectivos que se dirixen nesta acción formativa son os seguintes:
• Coñecer a organización do traballo dende factores de natureza psicosocial e do posto de traballo.
• Identificar os principais riscos específicos relativos a carga de traballo e os traballos a quendas e nocturno.
• Entender e afondar nos factores principais que inflúen no estrés laboral.
• Informar sobre os problemas derivados das relacións interpersoais, da violencia e do acoso no traballo.
Así, co presente curso preténdese seguir achegando os coñecementos necesarios para a xestión básica da prevención de riscos laborais no ámbito da prevención e extinción de incendios forestais.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Convenios
Area: Coñecementos transversais
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Horas: 16
Estado: Convocado
Administracion: AU|CI
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 09/04/2025 - 09:00h
Data fin matricula: 15/04/2025 - 14:00h
15 Edicións
ACORUÑA1
Localidade
A Coruña
Inicio
12/05/2025
Fin
14/05/2025
Data exame
14/05/2025 - 13:45h
Prazas
30
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212