O curso de formación sobre a ferramenta EMi – Emprego Intelixente ten como obxectivo achegar ao persoal técnico do Servizo Público de Emprego de Galicia os coñecementos necesarios para o uso efectivo desta ferramenta, orientada á xestión por competencias no acompañamento ás persoas demandantes de emprego.
Ao longo do curso abordaranse os distintos módulos da ferramenta EMi, dende o acceso e a visualización da información da persoa demandante ata a creación e edición do seu perfil competencial. Tamén se traballarán as funcionalidades relacionadas coa busca de ocupacións segundo competencias, a análise de datos de emprego (contratacións, ofertas, predicións ou empresas), así como outras utilidades dispoñibles, como a sondaxe por competencias ou a comunicación con SICAS.
A formación permitirá ao persoal coñecer en detalle o funcionamento da ferramenta, mellorar a calidade da orientación laboral baseada en datos actualizados e facilitar a toma de decisións axustadas ao perfil competencial e ás oportunidades reais do mercado de traballo galego.
T01 |