A nova lexislación galega do solo incorpora no seu articulado unha novidade moi importante como é a regulación do solo de núcleo rural, de extraordinaria repercusión no ámbito urbanístico, dada a especial configuración territorial da nosa Comunidade, facendo unha particular regulación deste e dotándoo dun conxunto de normas que o equipara ás xa coñecidas clasificacións de solo.
Estas xornadas veñen sintetiza-las novidades introducidas e os resultados rexistrados a dous anos da promulgación da Lei do solo galega.
ACORUÑA |