Este curso monográfico ten como obxectivo analizar o marco normativo da intelixencia artificial desde unha perspectiva europea, estatal e autonómica, con especial atención á lexislación galega recentemente aprobada. A través de relatorios impartidos por expertos/as en dereito administrativo, abordaranse os principios éticos e xurídicos que deben rexer o uso da intelixencia artificial, a súa aplicación na Administración pública, as medidas de impulso e a súa gobernanza, a contratación pública e a formación de empregados/as e cidadanía, nun contexto de transformación dixital responsable e segura.
SANTIAGO |