Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
FC26048 - Análise de verteduras a redes de sumidoiros e medición de parámetros físico-químicos in situ

O curso aborda a lexislación existente e os organismos competentes en materia de vertidos a redes de sumidoiros.
Afondarase nos dereitos e deberes dos inspectores en materia de vertidos.
Analizarase a tipoloxía de vertidos a redes de sumidoiros e a metodoloxía que se debe realizar para a localización dos devanditos vertidos e a documentación a elaborar (actas).
Abordarase en detalle a planificación e funcionamento dos equipos necesarios (maletín multiparamétrico) para a medición “in situ” de parámetros físico – químicos das augas residuais e do medio receptor (pH, condutividade, temperatura, osíxeno disolto, etc), así como os procedementos de calibración necesarios para os devanditos equipos.
Finalmente realizarase unha saída a campo nas inmediacións da EGAP para a posta en práctica dos coñecementos teóricos e a realización de prácticas de seguimento de vertidos a redes de sumidoiros mediante o emprego de trazadores, así como a metodoloxía de medición de parámetros físico-químicos “in situ”.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Area: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Finalistas
Horas: 8
Estado: Convocado
Administracion: AUTONÓMICA
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 19/02/2026 - 09:00h
Data fin matricula: 25/02/2026 - 14:00h
4 Edicións
SANTIAGO1
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
08/04/2026
Fin
09/04/2026
Data exame
09/04/2026 - 19:30h
Prazas
25
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212