Promover o proceso de adaptación dos plans e iniciativas das entidades municipais ás esixencias da LO 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia (en diante, LOPIVI).
Formar aos profesionais que formen parte ou que pretendan formar parte dos equipos de intervención familiar en materia de violencia infantil, co fin de adestralos na detección precoz, valoración e intervención fronte á violencia exercida sobre a infancia e adolescencia.
Fomentar medidas que promovan a sensibilización e a prevención de toda forma de violencia na infancia e adolescencia, neste sentido:
a. Impulsar a cultura do bo trato á infancia e á adolescencia.
b. Formar de xeito especifico nas prácticas seguras e responsables na Internet.
c. Informar sobre os factores de risco e dunha maior exposición e vulnerabilidade ante a violencia.
| SANTIAGO |