Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
LO26030 - O financiamento autonómico dos servizos sociais comunitarios (BS623A). A aplicación SSCOMU.

Esta acción formativa ten por obxectivo proporcionar coñecementos ás/aos profesionais das entidades locais, con funcións relacionadas co deseño, presentación e xustificación do Proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais (PASSCM), facilitándolle un maior coñecemento do marco normativo e práctico do financiamento autonómico dos servizos sociais comunitarios.
Neste sentido, considérase de vital importancia o coñecemento e a aplicación práctica, por parte do persoal técnico dos servizos sociais comunitarios municipais, da normativa básica de servizos sociais, así como da plataforma informática para a presentación e avaliación dos proxectos dos servizos sociais comunitarios municipais (SSCOMU), xa que é unha fonte permanente de consulta e análise ao longo da súa actuación profesional como xestores de servizos sociais.
Neste contexto, detectouse a necesidade de mellorar os coñecementos relacionados coa presentación e xustificación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios.
Partindo desta realidade, os obxectivos xerais que se pretenden conseguir coa realización do curso son:
-Promover a adquisición de coñecementos sobre a xestión do procedemento BS623A, tanto na súa base conceptual/normativa, como práctica, entre os/as profesionais dos servizos sociais comunitarios municipais.
-Mellorar o uso das ferramentas informáticas no proceso de xestión do dito procedemento (BS623A): a presentación e a avaliación de proxectos en SSCOMU.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Local
Area: Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Finalistas
Horas: 12
Estado: Convocado
Administracion: LOCAL
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 12/03/2026 - 09:00h
Data fin matricula: 18/03/2026 - 14:00h
2 Edicións
SANTIAGO1
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
13/04/2026
Fin
15/04/2026
Data exame
15/04/2026 - 13:30h
Prazas
30
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212