Ante a crecente complexidade normativa e técnica no ámbito da xestión de residuos, considérase prioritario ofrecer unha formación especializada dirixida ao persoal técnico que traballa neste eido. Este curso ten como finalidade actualizar e ampliar os coñecementos sobre os principais fluxos de residuos, as obrigas legais asociadas e as tecnoloxías aplicadas ao seu tratamento, con especial atención aos novos enfoques en valorización e trazabilidade. Así mesmo, abordarase o uso de ferramentas de análise de datos como Power BI, que permiten mellorar a explotación da información técnica e a elaboración de informes, facilitando a toma de decisións e o seguimento dos indicadores clave na xestión de residuos.
| MIXTA |