O curso enmárcase dentro da formación continua do persoal técnico da administración autonómica con competencias en asesoramento ao sector primario, co obxectivo de actualizar coñecementos normativos, técnicos e metodolóxicos necesarios para o correcto exercicio das funcións de apoio ás explotacións agrarias galegas.
De forma específica preténdese:
- Reforzar o coñecemento dos modelos actuais de asesoramento agrario no marco europeo, estatal e autonómico.
- Potenciar o papel do persoal técnico público.
- Preparar ao persoal para a aplicación práctica das novidades da PAC 2026 e da condicionalidade reforzada.
- Mellorar as competencias en materia de xestión da terra e contratación rústica.
- Analizar o contexto estratéxico futuro da política agraria europea.
- Incorporar ferramentas dixitais e innovacións aplicables ao asesoramento técnico das explotacións.
| SANTIAGO |