Valoración
Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 25 de xaneiro de 2022 (BOE núm. 26, do 31 de xaneiro de 2022), pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración de cursos de formación e perfeccionamento a efectos do baremo de méritos xerais do persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,40 puntos.
Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG núm. 52, do 16 de marzo, e corrección DOG núm. 77, do 22 de abril) sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal funcionario con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.
A recente Lei 9/2017, do 9 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP) supuxo unha innovación que persegue modernizar os procedementos de contratación, mellorar a eficiencia e simplificar os procedementos de contratación pública.
Ao tradicional elenco de competencias outorgadas aos órganos consultivos das AAPP (Consejo de Estado ou órganos consultivos autonómicos) a nova lei establece outras novas.
O presente curso pretende analizar as competencias substantivas outorgadas pola nova LCSP aos órganos consultivos, e aos trámites e procedementos a través dos que se exercen estas competencias.
| T01 |