Valoración
Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 25 de xaneiro de 2022 (BOE núm. 26, do 31 de xaneiro de 2022), pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración de cursos de formación e perfeccionamento a efectos do baremo de méritos xerais do persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,40 puntos.
Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG núm. 52, do 16 de marzo, e corrección DOG núm. 77, do 22 de abril) sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal funcionario con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.
Curso práctico de especialización sobre o procedemento para facer efectiva unha recla-mación de responsabilidade patrmonial.
A materia presenta especial interese práctico para aquel persoal funcionario que tramite calquera tipo de expediente relativo á exixencia de responsabilidade patrimonial.
Analizarase cada trámite do procedemento e as eventuais irregularidades que poden cometerse, así coma calquera tipo de incidencia que poida xurdir, partindo dos máis recentes pronunciamentos xurisprudenciais na materia e estudo de criterios específicos de órganos consultivos: Consello de Estado e Consello Consultivo de Galicia.
| T01 |