NOTAS IMPORTANTES!
• O número máximo de actividades de formación continua, en materia de idiomas, que se pode solicitar limítase a tres (3)
• A proba de nivel dos cursos presenciais realizarase con anterioridade ao comezo da actividade, co fin de que a persoa docente coñeza o seu nivel lingüístico, e poida formar un grupo homoxéneo, e completar o proceso de selección.
• As persoas preseleccionadas recibirán un correo electrónico indicando día, hora e lugar (localidade da edición solicitada). De recibir esta notificación, e non quere presentarse á proba de nivel nin realizar o curso solicítase que nos remita comunicación de que desiste da súa solicitude.
Curso presencial orientado á práctica da conversa en lingua portuguesa, dirixido a falantes de galego con coñecementos previos de portugués. O curso céntrase no desenvolvemento da fluidez oral, corrección gramatical, fonética e a adecuación pragmática en situacións reais da vida cotiá e do ámbito profesional.
Traballarase a comprensión e produción oral a partir de diálogos, textos breves, audios e materiais auténticos, facendo especial fincapé nas interferencias habituais entre galego e portugués. Introduciranse referencias aos exames do CAPLE como marco orientativo, sen carácter certificador.
| SANTIAGO |