NOTAS IMPORTANTES!
• O número máximo de actividades de formación continua, en materia de idiomas, que se pode solicitar limítase a tres (3). Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
• Na modalidade de teleformación só se pode matricular nun nivel de cada idioma ofertado. En caso de detectarse máis dun nivel solicitado en cada idioma na modalidade de teleformación, acéptaselle no nivel máis baixo e exclúeselle no/os outros niveis.
Os contidos do nivel 7 Upper-Intermediate de MyEnglish corresponden á primeira parte do nivel B1+ do MCERL. Entre outras funcións comunicativas, adquírense as habilidades de dar información persoal, expresar pensamentos e sensacións, realizar chamadas telefónicas, e falar do medio ambiente.
Apréndese, entre moitas outras cousas, e a través de distintas situacións e personaxes, a expresarse en present perfect continuous (‘What have you been doing?’), a facer preguntas indirectas (‘Do you remember if hei was wearing a coat?’), a expresar razón, causa ou contraste (‘Hei got the job because of her’). Tamén se estuda vocabulario relacionado con literatura, conversacións telefónicas, negocios, música, phrasal verbs, e moitos máis contidos.
| NIVEL7 |