Conforme os fins que lle asigna a este centro a normativa que o regula (Lei 4/1987, do 27 de maio; Lei 10/1989, do 10 de xullo, e Decreto 306/1990, do 24 de maio), a Escola Galega de Administración Pública convoca o I Curso superior de planeamento, xestión, disciplina urbanística e medio ambiente co fin de mellora-lo grao de especialización dos alumnos ós que vai dirixida a correspondente actividade, dotándoos dunha serie de coñecementos teórico-prácticos sobre a temática indicada que contribúan a perfecciona-la súa capacitación profesional nestes campos.
XO95UR1001SA |