NOTAS IMPORTANTES!
• O número máximo de actividades de formación continua, en materia de idiomas, que se pode solicitar limítase a tres (3). Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
• Na modalidade de teleformación só se pode matricular nun nivel de cada idioma ofertado. En caso de detectarse máis dun nivel solicitado en cada idioma na modalidade de teleformación, acéptaselle no nivel máis baixo e exclúeselle no/os outros niveis.
Os obxectivos xerais desta materia conflúen no propósito de dotar o alumnado dun conxunto de fórmulas comunicativas e contidos gramaticais, léxicos, fonéticos e aspectos socioculturais cos que se contribuirá ao desenvolvemento progresivo da súa competencia comunicativa en italiano e á mellora da súa expresión oral e escrita. Así mesmo, preténdese reforzar a confianza do alumnado nos coñecementos adquiridos nos niveis anteriores, na súa capacidade de autoaprendizaxe e no desenvolvemento de estratexias de traballo persoal e colaborativo.
| T01 |