O obxecto destas accións formativas son as de “capacitar ao alumnado para realizar labores de apoio operativo en situacións de continxencias e emerxencia no medio natural, rural e forestal, aplicando protocolos de actuación segura, técnicas básicas de intervención e medidas de prevención de riscos laborais”.
A finalidade desta acción formativa está orientada a capacitar as persoas traballadoras que asistan a estas edicións do curso, “o desenvolver funcións de apoio operativo en situacións de emerxencia e continxencia no medio natural, rural e forestal, aplicando criterios de prevención de riscos laborais, autoprotección e seguridade, e colaborando cos distintos grupos operativos de protección civil e extinción de incendios”.
Os principais obxectivos específicos son os seguintes:
• Recoñecer e aplicar as técnicas básicas de intervención en continxencias derivadas de accidentes de tráfico, colaborando en tarefas de apoio aos grupos operativos de protección civil e garantizando a seguridade propia e allea.
• Identificar os riscos asociados a accidentes con mercadorías perigosas e aplicar os procedementos de actuación segura en labores de apoio aos dispositivos de emerxencia e protección civil.
• Describir e aplicar as técnicas básicas de intervención en incendios en edificacións situadas no medio rural e natural, tendo en conta os riscos específicos da contorna.
• Preparar, utilizar e realizar o mantemento básico dos equipos e ferramentas empregados nas intervencións por fenómenos naturais, verificando o seu correcto funcionamento e asegurando o seu uso conforme as normas de seguridade.
• Executar tarefas de apoio técnico á poboación en situacións de risco para as persoas, os bens ou o medio ambiente, derivadas de fenómenos meteorolóxicos adversos, avenidas, inundacións ou outras situacións relacionadas con contornas acuáticos inestables, aplicando os protocolos de seguridade e coordinación cos servizos de emerxencia.
• Acadar unha igualdade real entre o persoal traballador do sector de incendios, visibilizando e eliminando as desigualdades e combater a violencia de xénero que se poida dar.
Así, co presente curso preténdese seguir achegando os coñecementos necesarios para a xestión básica da prevención de riscos laborais no ámbito da prevención e extinción de incendios forestais.
| ACORUÑA1 |