Coñecer e manexar as acreditacións administrativas existentes para vítimas das distintas formas de violencia contra as mulleres (violencia de xénero, trata e violencia sexual). O obxectivo é que as profesionais que traballan na atención ás vítimas coñezan as vías de acceso en cada caso, para que serven e como orientar á vítima no proceso. Revisaranse os pasos xerais, a documentación máis habitual e a coordinación cos recursos competentes.
A formación busca evitar erros e atrasos e mellorar unha atención máis clara, segura e útil desde o primeiro momento.
| TELEPRESENZA1 |