Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU26003 - Curso monográfico de planificación estratéxica dirixido ao persoal da Administración local

Os obxectivos do curso son dotar ás persoas destinatarias dos coñecementos e ferramentas necesarias para comprender, participar e contribuír ao deseño, desenvolvemento e seguimento de procesos de planificación estratéxica, orientados a mellorar a acción pública e a capacidade das organizacións para responder os retos da contorna.

O curso busca reforzar a capacidade técnica das administracións locais para analizar o seu contexto, definir prioridades e traducir as estratexias institucionais en actuacións concretas, planificadas e avaliables.

Ao finalizar o curso as persoas participantes serán capaces de:
• Comprender os fundamentos da planificación estratéxica e a súa utilidade para orientar a acción pública.
• Identificar os principais actores e grupos de interese relevantes para a acción pública local e considerar as súas necesidades e expectativas.
• Realizar un diagnóstico estratéxico da organización mediante a análise da contorna e das capacidades internas.
• Comprender as fases e elementos que estruturan un proceso de planificación estratéxica nas administracións públicas.
• Formular misión, visión e obxectivos estratéxicos coherentes coas prioridades institucionais.
• Definir liñas estratéxicas, actuacións e proxectos que permitan concretar a estratexia.
• Deseñar plans de acción con indicadores e mecanismos de seguimento que faciliten a implementación e avaliación do plan estratéxico.
• Coñecer instrumentos de dirección e seguimento do plan, así como ferramentas para a identificación e xestión de riscos.

Completada a formación as persoas participantes disporán dunha visión clara e práctica de como estruturar e xerarquizar un plan estratéxico, así como das competencias necesarias para realizar análises estratéxicas, concretar actuacións e contribuír ao desenvolvemento e seguimento dos plans estratéxicos no ámbito da Administración local.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Fondos EGAP
Horas: 30
Estado: Convocado
Administracion: LOCAL
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: C.Monográfico
Data inicio matricula: 07/04/2026 - 09:00h
Data fin matricula: 13/04/2026 - 23:59h
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
16/04/2026
Fin
17/04/2026
Data exame
N/D
Prazas
20
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212