A mediación familiar é o recurso máis eficaz cara a mellorar a comunicación entre os membros da familia, reducir os conflictos entre as partes en desacordo e asegurar o mantemento das relación persoais paterno-materno-filiais. Segundo a Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar e a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia, a Xunta de Galicia, neste caso a través do Servizo de Familia e Programas Especiais, promoverá aquelas actuacións que garantan servizos de información, asesoramento e apoio ás familias, que procuren a busca de solucións adecuadas ás distintas problemáticas que poden darse no seo da familia, como son os conflictos familiares ámbito de actuación da mediación familiar.
SANTIAGO |