O curso consistirá nunha introdución á bioloxía da conservación e ós instrumentos legais e estratexias para a conservación de especies ameazadas, describindo os criterios para determinar o grao de ameaza e as metodoloxías de conservación e recuperación. Unha parte importante do contido centrarase en dar a coñecer as propostas de plans de conservación das especies do Catálogo galego de especies ameazadas, analizando o estado das súas poboacións, os seus factores de ameaza, así como as propostas de medidas de conservación.
Os contidos do programa se adaptarán ao persoal a quen vai dirixido en cada edición, cun carácter máis práctico ligado ó recoñecemento de especies, hábitats, ameazas e instrumentos legais de protección na 2ª edición, e cun maior desenvolvemento dos aspectos de bases biolóxicas, diagnóstico e metodoloxías para conservar especies na 1ª edición.
O obxectivo principal é dar a coñecer aos técnicos e axentes que traballan na dirección xeral de Conservación da Natureza, así como en outros departamentos da Xunta de distintos ámbitos sectoriais que teñan responsabilidades que poidan incidir na conservación de especies, a problemática de conservación das especies ameazadas en Galicia.
SANTIAGO1 |