Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
FC11014 - A planificación hidrolóxica en Galicia-Costa

Augas de Galicia ten competencias na xestión das augas na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. En cumprimento da directiva Marco da Auga, elaborouse un novo Plan de conca que será aprobado por un Real Decreto estatal, pasando a ser, polo tanto, normativa de obrigado cumprimento por parte dos distintos departamentos non só da Administración Hidráulica de Galicia, senón tamén por distintas unidades da Xunta que teñen competencias relacionadas coa xestión do ciclo integral das augas en distintas fases.
O Plan de conca é o resultado dunha serie de estudos que abranguen distintos campos: caracterización da demarcación, inventario das presións, análise dos distintos usos da auga e das demandas existentes, estado ecolóxico e físico-químico das augas, así como medidas a aplicar para a preservación do bo estado das masas. Polo tanto, o obxectivo do curso é dar a coñecer os contidos do novo Plan Hidrolóxico, explicando de forma detallada as metodoloxías e criterios adoptados, así como os distintos programas que se empregan na planificación hidrolóxica e as implicacións da nova normativa no traballo desenvolvido pola Administración Autonómica Galega, de forma que os resultados obtidos sexan coñecidos e aplicados polos técnicos dunha forma máis eficaz, optimizando os recursos e estudos existentes na administración.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Area: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: AUTONÓMICA
Horas: 25
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 27/12/2010 - 08:00h
Data Fin matricula: 13/01/2011 - 14:00h
Responsable: lopez sanchez, nieves - nieves.lopez.sanchezarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
14/03/2011
Fin
23/03/2011
Data exame
N/D
Prazas
30
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212