Logo da entrada en vigor do Tratado de Lisboa, a Unión Europea (UE) dótase duns procedementos máis áxiles de toma de decisións e dunha maior capacidade reguladora. Neste novo marco, os procedementos incorporados a Directivas e Regulamentos comunitarios xogan un papel fundamental para acreditar o cumprimento das obrigas e obxectivos das devanditas disposicións. O seu coñecemento resulta básico para garantir o desfrute dos dereitos dos cidadáns e evitar a esixencia de responsabilidades á Administración. Os dereitos nacionais están cada vez mais influídos polo sistema xurídico administrativo comunitario, que ten bastantes diferenzas na súa concepción e aplicación co dereito galego. Os empregados públicos deben familiarizarse coa arquitectura xurídica comunitaria, en especial no que implica a súa influenza sobre o entramado xurídico interno, facendo un especial fincapé no xeito de introdución da normativa europea no dereito interno; a colisión normativa e os xeitos para evitala; os procedementos comunitarios de infracción e sanción; e a súa posible incidencia nos fondos que Galicia recibe da Unión Europea.
SANTIAGO |