É indubidable que a tecnoloxía propiciou moitos cambios no mundo das bibliotecas, afectando non só aos recursos e as ferramentas que se utilizan nos nosos centros senón tamén aos servizos que ofrecemos.
Estes cambios tamén están incidindo no xeito como nos comunicamos e interactuamos cos nosos usuarios. Os tradicionais mostradores de información bibliográfica son substituídos ou reforzados por servizos de atención de consultas a través de correo electrónico ou espazos web que permiten aos nosos usuarios contactar connosco desde o lugar que elixan e no momento que o necesiten.
Ante esta nova contorna, faise necesario que os profesionais do mundo das bibliotecas adaptemos as nosas habilidades de atención de usuarios, desenvolvendo novas habilidades comunicativas e interpretativas que nos permitan resolver as consultas que nos fan chegar
SANTIAGO |