O obxectivo do II Curso de Histopatoloxía é profundar no coñecemento de aspectos
relevantes, macroscópicos e microscópicos, da Patoloxía Forense desde unha
perspectiva eminentemente práctica.
A exposición dos temas comprende unha exposición teórica acompañada da
observación directa con microscopio óptico de preparacións pertencentes a casos
reais relacionados co tema exposto.
A metodoloxía utilizada ten como obxecto profundar nos coñecementos teóricos
sobre a materia en cuestión así como adquirir destreza no manexo do microscopio
como elemento diagnóstico.
SANTIAGO1 |