O curso está deseñado para que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para aplicar solucións con información xeoespacial utilizando sistemas de información xeográfica na Administración. Combina o estudo dos fundamentos teóricos dunha ferramenta SIG cunha completa formación práctica no uso dos sistemas de información xeográfica co obxectivo de que os alumnos aprendan a xestionar a información xeoespacial de maneira eficiente, para obter os maiores beneficios posibles tanto na xestión do territorio como na posta a disposición desa información. Ademais este curso ten como obxectivo xeneralizar o uso dos SIG na Administración e que este tipo de tecnoloxías e as súas aplicacións se dean a coñecer á sociedade.
SANTIAGO |