Adquisición dun coñecemento especializado eminentemente práctico no ámbito da determinación e valoración do xustiprezo expropiatorio, fundamentalmente nos métodos de valoración do solo.
Preténdese profundar en aspectos tales como a fixación e valoración de bens e dereitos expropiados (preferentemente inmobles) desde a experiencia e conforme aos criterios seguidos polo Xurado de Expropiación de Galicia.
Trátase de proporcionar aos destinatarios do curso unha visión práctica e realista da complexa materia das actuacións en materia de expropiación da Xunta de Galicia e dos municipios da Comunidade Autónoma, analizando cuestións de actualidade neste campo, tanto de forma individual como en grupo.
En definitiva, quérese dar a cada alumno o perfil profesional idóneo que as empresas e particulares requiren dun asesor profesional, especializado en materia de expropiación forzosa.
SANTIAGO |
Inauguración do Curso sobre procedemento expropiatorio
- Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
- Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública
- Juan Carlos Argüello, presidente do Xurado de Expropiación de Galicia