Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV12082 - Curso de actualización en materia de procedemento administrativo e protección de datos de carácter persoal

Facilitar ao alumnado unha visión concreta e actualizada do procedemento administrativo común, así como da normativa que regula o tratamento dos datos e ficheiros de carácter persoal, independentemente do soporte no que sexan tratados.
Definir o ámbito de aplicación da Lei 30/1992, de 26 de novembro, e os principios xerais establecidos no seu articulado e diferenciar os principios aplicables ao procedemento.
Determinar o réxime xurídico aplicable aos elementos subxectivos implicados no procedemento administrativo. Comprender a importancia do procedemento administrativo como garantía formal e as disposicións xerais que lle resultan de aplicación. Desagregar as diferentes fases do procedemento administrativo diferenciando os trámites realizados en cada unha de elas. Aplicar os prazos correspondentes a cada un dos trámites do procedemento administrativo e coñecer a súa tramitación electrónica. Recoñecer as vías impugnatorias aplicables no procedemento administrativo e os seus elementos estruturais.
Coñecer que é un dato de carácter persoal e o seu tratamento. Diferenciar entre o responsable do ficheiro e o encargado do seu tratamento. Identificar e aplicar os dereitos que asisten aos titulares dos datos de carácter persoal. Coñecer os distintos tipos de infraccións e as sancións económicas que levan consigo. Aprender a aplicar as cláusulas informativas relativas á cesión de datos de carácter persoal.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Convenios
Area: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: LOCAL
Horas: 35
Estado: Producción
Mod.imparticion: Mixta
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 05/10/2012 - 08:00h
Data Fin matricula: 10/10/2012 - 14:00h
Responsable: CASTIÑEIRAS ROIS, CARLOS - carlos.castiarrobadepourense.es
1 Edicións
TFMIXTO
Localidade
TF MIXTO
Inicio
17/10/2012
Fin
31/10/2012
Data exame
N/D
Prazas
30
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212